Molalidade

Molalidade é a cantidade de moles de soluto que hai nun quilogramo de solvente.[1] Non depende da temperatura. Simbolízase cun m. Non se debe confundir con molaridade, a cal se mide con respecto ao volume da disolución e non da masa.

Para preparar disolucións dunha determinada molalidade non se emprega un matraz aforado como na molaridade, se non que se emprega en xeral nun vaso de precipitados e pesa cunha balanza analítica, descontando o peso do vaso baleiro.

A maior vantaxe deste método de medida en relación coa molaridade é que como volume dunha disolución depende da temperatura e da presión, cando estas varían, o volume cambia con elas, variando a molaridade, pero non a molalidade, podendo medirse con maior precisión, de xeito independente a ambas.

É menos empregada que a molaridade.

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome GoldBook

Developed by StudentB